O Director Xeral de Función Pública "anima" aos funcionarios que non están contentos a concursar fora da Comunidade Autónoma
Outro cargo de Función Pública foi obxecto, nunha das súas saídas, das críticas dunha das traballadoras que esperaba fóra da sala, quen lle espetou que os representantes da Xunta teñen "moito rostro".
E é que, segundo difundiron en redes sociais os sindicatos, sentíronse "insultados" polos representantes da Administración que, entre outras cuestións, afirman, chamáronlles "privilexiados", ademais de afirmar que estaban "a aforrar diñeiro" coa folga e de instalos, senón están "contentos", a concursar "fóra de Galicia".
RESPALDO NO EXTERIOR
Pola mañá, diante da EGAP concentráronse decenas de traballadores en solidariedade cos seus compañeiros que defenden ao colectivo na negociación.
Galicia afronta a súa novena xornada de folga efectiva, na que, unha vez máis, os xulgados quedaron practicamente paralizados, do mesmo xeito que os rexistros civís. Os sindicatos sitúan o seguimento de media en Galicia en máis do 90 por cento.