O persoal de Xustiza cifra en 7.000 os xuízos adiados tras dez días de folga

20 de febreiro de 2018


"publicado en praza pública"

Sede xudicial en folga nunha cidade galega

Mentres Xunta e comité de folga reúnense este martes nun novo intento por poñer fin ao conflito, o paro indefinido do persoal da Administración da Xustiza en Galicia suma a súa décima xornada efectiva, cun amplo seguimento -que os sindicatos cifran de media entre o 85% e o 90% cada día- e cos xulgados do país paralizados. Os cálculos falan dun cento de xuízos aprazados ao día en cada cidade e dun total duns 7.000 os que se terían adiado en todo o país desde que comezara a protesta o pasado 7 de febreiro. 

ligazón á noticia