Os ánimos, cada vez máis fortes

26 de febreiro de 2018


"Na prensa"


Protesta do funcionariado de Xustiza en Pontevedra




O persoal da Administración da Xustiza en Galicia comezou este luns a súa terceira semana de folga indefinida e suma o seu 14º día efectivo de paro con máis de 7.000 quízos suspendidos desde que comezara a mobilización o pasado 7 de febreiro  e coa perda en salarios de  arredro de 1 millón de euros para os traballadores que secundan a folga.

Logo dunha importante manifestación o pasado sábado  -arredor de 2.000 persoas sobre un persoal atinxido de 2.700- na que os funcionarios advertiron á Xunta de que non darán "nin un paso atrás", o conflito continúa encallado. As posturas na negociación agora rachada, malia pequenos avances, seguen moi afastadas. E a cada declaración do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o comité de folga aumenta a súa firmeza. Vén de insistir en acusar os sindicatos de tomar como "reféns" os cidadáns e en que non vai mudar a súa oferta. Tampouco quere oír falar a Xunta de cambiar os interlocutores, logo de que os representantes dos traballadores reclamasen a marcha de José María Barreiro, director xeral da Función Pública.

A folga na Xustiza segue enquistada entre reproches mutuos: "Demos pasos atrás"

La oposición urge la comparecencia de Rueda por la huelga de justicia y reclama que se ponga al frente de la negociación
Ligazón á noticia - europapress

Rueda insta a los sindicatos a volver a la mesa de negociación: "Que sean serios"

Rueda insta aos sindicatos de Xustiza a ser "serios" e "volver negociar" sobre a oferta da Xunta