Compostela 24F - Praza da Quintana - Manifesto

25 de febreiro de 2018

Compañeiras e Compañeiros!!

O Presidente da Xunta di que percibe un tic antidemocrático nos sindicatos de xustiza… ¿Por que Sr. Feijóo, por exercer os nosos dereitos fundamentais a folga e a liberdade de expresión? ¿E iso o que tanto lle molesta?

Sr. Feijóo, vostede si que ten un grave problema coa democracia, porque é vostede quen incumpre o mandato parlamentar que lle pide que remate coa discriminación sufrida polas traballadoras e traballadores da Xustiza en Galicia. Vostede si que ten un grave problema coa democracia cando é incapaz de entender que, pola súa irresponsabilidade, estase a paralizar un poder do estado en Galicia, o poder xudicial.
Sr. Feijóo, ¿pode haber un comportamento moralmente máis ruín que empregar aos máis desfavorecidos para poñer en contra das traballadoras e os traballadores da xustiza a sociedade galega?

¿Qué é o que nos está a dicir Sr. Feijóo, que nos témos que deixar maltratar por vostede, porque hai outros aos que maltrata aínda máis? De ningunha maneira!! Nin a eles nin a nós!! Respecto e dignidade para todos, Sr. Feijóo!! Repecto e dignidade!!

¿Quen é vostede para falar dos que peor o pasan? cando foi vostede quen conxelou o orzamento da Xustiza Gratuíta entre os anos 2010 e 2016, cando foi vostede quen abandonou a súa sorte a milleiros de familias galegas que non puideron defender os seus dereitos ante os tribunais por carecer de recursos económicos, e cando foi vostede quen os deixou nas mans da banca carroñeira que os botou das súas casas se quedou cos seus bens.

Quen é vostede para falar de xustiza social, cando se sube o seu soldo e os dos seus conselleiros un sete por cento? Perto de 6000 euros anuais , sr Feijoo.

Sr. Feijóo, a vostede non lle admitimos nin unha lección democracia nin moito menos de dignidade. Non, a vostede si que non. E se quere facer algo por solucionar o conflito, comece por dicirlle ao Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, que non minta.

Porque  Sr. Rueda, vostede engana, manipula e minte!!

Mentiu en sede parlamentar cando dixo que se sentou máis dunha vez cos sindicatos, cando vostede sabe que Nin unha soa vez nos últimos oito anos, Sr Rueda.

Mentiu cando en vésperas dunha reunión dixo que na seguinte habería avances substanciais, e o que fixo foi enviar ao seu sicario político, o director xeral de función pública, José María Barreiro, cunha oferta aínda peor que a anterior.

Mentiu cando falou de melloras nos casos de violencia contra a muller, porque hai máis dun ano que o Director Xeral de Xustiza abandonou o inicio dunha negociación para acaadar un gran acordo que implicase a administración, sindicatos, e a institucións públicas e privadas.

Mentiu cando dixo que a Xunta estaba disposto a ceder na discriminación nos descontos por baixas laborais,co fin de equiparalos aos establecidos para xuíces, fiscais e letrados xudiciais.

Minte, minte e minte Sr. Rueda!!

Compañeiras e compañeiros!! Así é cómo dialogan o Sr. Feijoo e o Sr. Rueda: "vaise falar do que eu diga, como eu diga e con quen eu diga".

Vostedes non é que teñan un tic antidemocrático, o seu xa é unha convulsión permanente!!
Que quede ben claro!! As traballadoras e traballadores da xustiza galega non admitimos sicarios políticos que nos envíen a emigración!! Queremos transparencia. Queremos a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais!! e queremos que se cumpra o mandato parlamentar que poña fin á discriminación na xustiza galega.

Porque iso é o que ten que facer vostede, Sr. Feijóo!. ! Repectar os mandatos da soberanía popular!!
Compañeiras e compañeiros!
! Temos o dereito e temos a razón!
! Nin un paso atrás!
! Por dignidade!