O Comité de folga despois das manifestacións do Conselleiro de Xustiza no Pleno do Parlamento, fai público o seguinte:
Primeiro, o Comité de folga acudirá, como non pode ser doutro xeito, á convocatoria que realice a Xunta de Galicia, con vontade de negociación e diálogo como fixo sempre ata o de agora.
Segundo, esperamos que a representación da Xunta de Galicia á que se referiu o Conselleiro, non estea encabezada polo director xeral de función pública.
Terceiro, mantemos a nosa postura de que se cumpra co mandato parlamentar.
E cuarto, por suposto, seguimos a manter a folga como dereito fundamental dos traballadores e traballadoras en defensa das nosas reivindicacións laborais, ao tempo que comunicamos un calendario de mobilizacións para o mes de marzo