Amosando publicacións coa etiqueta Comité de folga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comité de folga. Amosar todas as publicacións

Xustiza en loita: dignidade e resistencia

31 de maio de 2018




"Na prensa"


Resultado de imagen de folga na xustiza
Protesta durante a folga








El comité de huelga de los funcionarios de la Administración de Justicia de Galicia ha decidido hoy desconvocar el paro, que acumulaba 114 días naturales consecutivos, 117 en total, han informado a Efe fuentes sindicales.

Comunicado do comité de folga

Na reunión mantida na mañá de hoxe en Santiago de Compostela polo Comité de Folga, integrado por Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG, redactou un comunicado no que, por maioría, e despois de 114 días, acordou desconvocar a folga indefinida iniciada o día 7 de febreiro e preavisada o día 11 de decembro de 2017:


Nota informativa do comité de folga

23 de maio de 2018


Dende AXG-CUT, STAJ e CIG pensamos que a Xunta está xogando cos intereses dos traballadores e das traballadoras e ó mesmo tempo con aqueles que se prestaron a ese xogo dado que a día de hoxe seguimos sen ter nada de maneira oficial nin legal.

Reunión do comité de folga

22 de maio de 2018

"En prensa"



Os sindicatos do comité de folga de xustiza valorarán impugnar a sinatura do acordo entre Xunta e tres sindicatos

21 de maio de 2018

"publicado en Galicia Confidencial"

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

O comité de folga de xustiza anunciou a convocatoria dunha reunión para este martes en Santiago na que, entre outras cuestións, prevé analizar se se impugna a sinatura do acordo que derive da decisión de tres sindicatos (SPJ-USO, CC.OO. e UXT) de aceptar a oferta da Administración autonómica.

Comunicado do comité de folga

8 de maio de 2018

Comunicado emitido polo comité de folga, tras estar reunido no día de hoxe na cidade de Ourense:


PREME PARA AMPLIAR

Asembleas co comité de folga en Lugo e Ourense hoxe

17 de abril de 2018


Asemblea en Lugo

Asemblea en Ourense


Asembleas coa presencia do comité de folga a vindeira semana

14 de abril de 2018


Preme na imaxe


Rueda: xa reflexionamos e ésta é a resposta

3 de abril de 2018

"publicado en la región"

El comité de Justicia responde a Rueda: "Se comporta como un mentiroso. Su oferta no nos satisface"

Tras 56 días naturales de huelga indefinida, que arrancó el pasado 7 de febrero, la Xunta ha reclamado a los sindicatos -SPJ USO, Alternativas na Xustiza CUT, FeSP UGT, CSIF, STAJ, CIG y CCOO- que reflexionen sobre la última oferta, al considerar que cumple todas sus reclamaciones, en un momento en el que las negociaciones llevan una semana rotas.

Impresentables!!

2 de abril de 2018



IMPRESENTABLES!!!

Despois de 71 días de folga indefinida na xustiza Galega criamos que o grao de soberbia, prepotencia e chulería da Xunta de Galicia non podía ser maior. Ao longo das 8 horas de negociación a Xunta fixo dúas ofertas económicas.

A primeira oferta:
 - Forenses- 135 €; Xestores- 135 €; Tramitadores-113.42 €; Auxilios Xudicias-110 €
 - Estas cantidades pagaríanse a 3 anualidades (sen concretar as porcentaxes por ano).
 - Cláusula de revisión (sen concretar e non garante o posto nin as cantidades)
 - As cantidades para o ano 2018 non sería dende o 1 de xaneiro, senón ao firmar o posible acordo.

A folga na Xustiza continúa tras fracasar unha nova negociación

26 de marzo de 2018


O paro indefinido na Xustiza galega continúa logo dun novo fracaso na última reunión, celebrada na mañá deste luns en Santiago. Malia rebaixaren os sindicatos dez euros o aumento salarial que reclaman --de 190 euros mensuais a 180--, o Goberno galego levantou da mesa e deu por rotas as negociacións ao considerar "inasumible" a contraproposta do comité de folga.

Os representantes da Xunta deron por "rotas" as negociacións ao non aceptar a rebaixa de dez euros mensuais nas pretensións salariais do persoal 

 O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, certificou ao rematar a xuntanza que as negociacións estaban "rotas" tras confirmar tamén que a Xunta non mudara a súa última oferta retributiva, que limitaba o aumento de 133 a 105 euros mensuais máis segundo o corpo. O responsable da Administración criticou que os sindicatos incorporasen novas demandas ás conversas. Segundo dixo, o comité de folga reclama que a suba pactada se concrete en dúas anualidades e non en tres e que neste 2018 se lles abone xa aos traballadores o 70% desta, deixando para 2019 o 30% restante. Tamén os acusou de reclamar agora cousas "que ninguén entende" como "recuperar mediante un plan de actuación os descontos que se lles fan e seguirán facendo a quen secunde a folga".

A vida de Feijoo na 4ª dimensión: “O 70% dos traballadores da Xustiza está de acordo coa proposta da Xunta”

22 de marzo de 2018

"Agardemos que agora os sindicatos entendan a mensaxe dos seus traballadores que queren un acordo e non un conflito”, dixo. 

“O 70% dos traballadores da Xustiza está de acordo coa proposta da Xunta”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse exhultante este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, logo de coñecer que nas consultas organizadas polos sindicatos, a maior parte do funcionariado amosouse a favor de rebaixar os 190 euros que se tiñan marcado como tope nas negociacións co Goberno galego.

Ligazón á noticia - Galicia Confidencial

Fin da negociación en San Caetano: declaración aos medios de Manuel Tejada

20 de marzo de 2018

Ao rematar a reunión tan só puidemos grava-as declaracións do presidente do Comité de Folga Manuel Tejada.

Os "negociadores" da Xunta de Galicia, ao ver que pola mañá os sindicatos lles gravamos as súas declaracións decidiron non facer declaracións no vestíbulo, e convocaron ás agochadas aos medios de prensa na sala de prensa do 3º andar do edificio de Xunta en San Caetano.

Descoñecemos os motivos que os levaron a tomar esta decisión, pero é unha mostra máis do desprecio co que tratan a todos os traballadores e traballadoras da administración de Xustiza.




Outro día de negociación en San Caetano: declaración aos medios de JJ. Martín e Manuel Mato

19 de marzo de 2018

Ao rematar a xornada matinal da negación o Director Xeral de Xustiza J.J. Martín realizou unhas declaracións aos medios de comunicación que o estaban esperando á saída.


Tamén o compañero do Comité de Folga Manuel Mato realizou unhas breves declaracións aos medios.

Outro dia de negociación en San Caetano: revista de prensa

"Na prensa de hoxe"

Cartel que anuncia a folga de Xustiza. XESÚS PONTE
Cartel que anuncia a folga de xustiza

Os sindicatos que forman o comité de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia reclamaron este luns á Xunta que faga unha oferta que non sexa "unha tomadura de pelo", como cualifican as realizadas ata o momento.

Comunicado DXX comunicando cambio lugar de reunión

8 de marzo de 2018


No día de hoxe remitiese mail ao comité de folga con modificación do lugar de reunión:

"Infórmolle que o lugar de celebración da reunión de mañá día 9 de marzo,  ás 12:00 horas, terá lugar na SALA E do Complexo Administrativo de San Caetano (Edificio da Pirámide) de Santiago de Compostela, en lugar do Aula Colmeiro (EGAP)

Atentamente,

Juan José Martín Álvarez

O director xeral de Xustiza".


Nova convocatoria: 9 marzo

7 de marzo de 2018

Comunidado recibido polo comité de folga:

Conforme co anunciado no día de onte en sede parlamentaria polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, co obxecto de retomar as negociacións en materia de mellora das condicións laborais do persoal ao servizo da Administración de Xustiza competencia desta Comunidade autónoma, convócase ás persoas integrantes do Comité de folga para o día 9 de marzo ás 12.00 horas na Aula Colmeiro (EGAP) - Rúa Madrid - 2 - 4 - Santiago de Compostela. 



Comité de Folga - Comunicado 06/03/2018

6 de marzo de 2018

Trala intervención no Parlamento Galego de Alfonso Rueda, o Comité de Folga, decidiu dar a coñecer o seguinte comunicado de prensa



COMITÉ DE FOLGA
COMUNICADO
06/03/2018

O Comité de folga despois das manifestacións do Conselleiro de Xustiza no Pleno do Parlamento, fai público o seguinte:


Primeiro, o Comité de folga acudirá, como non pode ser doutro xeito, á convocatoria que realice a Xunta de Galicia, con vontade de negociación e diálogo como fixo sempre ata o de agora.


Segundo, esperamos que a representación da Xunta de Galicia á que se referiu o Conselleiro, non estea encabezada polo director xeral de función pública.


Terceiro, mantemos a nosa postura de que se cumpra co mandato parlamentar.


E cuarto, por suposto, seguimos a manter a folga como dereito fundamental dos traballadores e traballadoras en defensa das nosas reivindicacións laborais, ao tempo que comunicamos un calendario de mobilizacións para o mes de marzo

 NON Á DISCRIMINACIÓN!!!

Carta recibida polo comité de folga e enviada polo conselleiro Alfonso Rueda

1 de marzo de 2018


PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR


A Xunta convoca ao comité de folga para o luns 19 de febreiro

16 de febreiro de 2018

O comité de folga recibiu esta mañá un comunicado remitido polo Servicio de Réxime Xurídico e Relacións Laborais:

A/A: Representante do Comité de Folga

Asunto:    Convocatoria do Comité de Folga

Día:            19.02.2018

Hora:         11:30 h

Lugar:        EGAP – aula núm. 1, Colmeiro (planta baixa)


Convócase os membros do Comité de Folga:


-          Araujo Martínez, Enrique

-          Díaz Mato, Manuel

-          Freixedo Beltrán, Óscar
-          Novoa Blanco, Constantino

-          Sotelo Santos, José Antonio

-          Tejada Vidal, Manuel

-          Valeiras Ríos, Pablo