Un mes despois do inicio o pasado 7 de febreiro da folga indefinida do persoal da Xustiza, precedida de paros puntuais en decembro e xaneiro, este martes o vicepresidente da Xunta e responsable desa área, Alfonso Rueda, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta da situación actual do conflito.
Fíxoo cunha intervención na que de xeito reiterado, apoiado polo representante do PP, tentou rachar a unidade sindical asegurando que “a maioría” das organizacións convocantes do paro desexan rematar xa a folga fronte a algúns representantes, que non identificou, que estarían interesados en prolongala. Rueda, que acusou os sindicatos de ser os responsables da actual ruptura das negociacións, deuse un día máis e anunciou que este mércores a Xunta volverá poñerse en contacto con eles para retomalas. Mentres, ás portas da Cámara, un grupo de traballadores da Xustiza fixo ver que as súas reivindicacións seguen activas.
Rueda insistiu na postura do Goberno galego de que “as arcas públicas non poden asumir” a petición de incremento salarial dos folguistas xa que, trasladada ao resto de empregados públicos autonómicos, “serían máis de 500 millóns de euros”. Ese argumento, que a Xunta vén empregando desde o primeiro momento da negociación, non impediu ata o de agora, como este martes admitiu o propio Rueda, que nas “12 reunións celebradas desde que se plantexou o conflito” o Goberno galego puxese xa sobre a mesa “catro ofertas económicas cada unha á alza” ata os mil euros máis ao ano fronte aos “2.700 ao ano” en que resumiu a petición dos sindicatos. Ao tempo, Rueda tamén acusou os sindicatos de non querer dar por pechados outros acordos laborais noutras materias en conflito ata que se acade un acordo económico.
Ligazón á noticia - Praza Pública
O comité de folga de xustiza acepta sentar, pero espera que Barreiro non "encabece" a delegación da Xunta
Ligazón á noticia - Europa Press
Traballadores de xustiza concéntranse ante o Parlamento e avisan a Rueda de que non darán "nin un paso atrás"
Ligazón á noticia - EuropaPress
O persoal de xustiza leva ao pé do Parlamento a súa mensaxe para o goberno galego: “Non aceptamos chantaxes”
Ligazón á noticia - Sermos Galiza
Xunta e sindicatos da Xustiza quedan este mércores para tentar "pechar o conflito de xustiza"
Ligazón á noticia - Galicia Confidencial
Huelga de Justicia en Galicia | Rueda advierte que la Xunta no puede asumir la propuesta salarial de los sindicatos
Ligazón á noticia - Faro de Vigo
Os sindicatos retomarán as negociacións tras a proposta de Rueda pero seguirán en folga
Ligazón á noticia - El Progreso
Funcionarios da Xustiza do ministerio piden tamén a equiparación dos salarios
Ligazón á noticia - TVG
Rueda advierte de que la reivindicación salarial es lo que está impidiendo el acuerdo en Xustiza
Ligazón á noticia - La Voz de Galicia
Etiquetas: #FolgaXustiza , Prensa