A irresponsabilidade da Xunta de Galicia é a causa de esta folga

1 de abril de 2018


"Na prensa de hoxe"

Resultado de imagen de folga xustiza

A folga indefinida iniciada polo sector xudicial galego o pasado 7 de febreiro camiña cara aos dous meses sen unha solución á vista, mentres as actuacións suspendidas en xulgados e rexistros civís cóntanse por miles: segundo estimacións sindicais, máis de 17.000 xuízos e de 50.000 trámites foron aprazados no medio centenar de días de paro.

Coa actividade paralizada en numerosos órganos xudiciais da comunidade, o conflito que deu pé a este paro mantense enquistado e as posturas das dúas partes implicadas --Xunta e comité de folga (no que están representados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO.)-- parecen aínda moi afastadas.

De feito, despois da reunión do pasado luns na que se volveron a romper as negociacións, os ataques endurecéronse. A Xunta insta os sindicatos a someter a votación dos traballadores a súa oferta e o comité advertiu que non dará este paso cunha proposta que consideran "indigna e indecente"

A folga da xustiza camiña cara aos dous meses sen unha solución á vista
Ligazón á noticia - Europapress

La huelga paraliza el 80% de los embargos y desahucios

Los sindicatos de justicia reconocen que pasaron dietas, pero no de hoteles
La huelga de la justicia camina hacia los dos meses sin una solución a la vista