Impresentables!!

2 de abril de 2018



IMPRESENTABLES!!!

Despois de 71 días de folga indefinida na xustiza Galega criamos que o grao de soberbia, prepotencia e chulería da Xunta de Galicia non podía ser maior. Ao longo das 8 horas de negociación a Xunta fixo dúas ofertas económicas.

A primeira oferta:
 - Forenses- 135 €; Xestores- 135 €; Tramitadores-113.42 €; Auxilios Xudicias-110 €
 - Estas cantidades pagaríanse a 3 anualidades (sen concretar as porcentaxes por ano).
 - Cláusula de revisión (sen concretar e non garante o posto nin as cantidades)
 - As cantidades para o ano 2018 non sería dende o 1 de xaneiro, senón ao firmar o posible acordo.

 A Contra proposta do Comité foi de:
 - 170€ lineais a pagar en 2 anualidades (60% primeiro ano e 40% o segundo)
 - Cláusula de revisión (que permita non só manter o cuarto posto senón que ademais permita unha actualización coa CC. AA que estea no terceiro lugar)

Sobre as 15:00 horas, a Xunta presentou unha nova proposta:
 - M. Forenses 140 €; Xestores 135 €; Tramitadores 127 €; Auxilios 122 €
 - Estás cantidades serían en 3 anualidades (primeiro ano 50%, segundo ano 30% e terceiro ano 20%)
 - Unha cláusula de revisión (habería que optar entre posición na táboa ou a Medía)
 - Plan de recuperación con participación de Fiscalía e TSXG (neste plan centos de traballadores quedarían fora)
 - Non aceptan que os días de folga desta nómina non se desconten, só aceptan prorratearlos ao longo do ano.

Co fin de manter a unidade de acción entre todos os Sindicatos, acordamos unha proposta de peche para negociar nese mesmo instante para levar ás asembleas de todo Galicia. A proposta xa non está encima da mesa, xa que o Comité, antes de presentala avisou á Xunta que a vixencia da mesma era o día de hoxe.
 - Unha cantidade lineal de 140€-
 - 2018 - 60% 84 €; 2019 - 20% 28 €; 2020 - 20% 28 €
 - Plan de recuperación, sen participación do TSXG e Fiscalía onde todo o persoal que fixera folga pudera participar e recuperar o 80% dos descontos.
 - Cláusula de revisión. Que permita sempre que Galicia quede no 4 posto e que cada ano que pase esteamos máis preto do terceiro.

Tras explicar a proposta a Xunta dá por rotas as negociacións e o Comité infórmalle que a ultima oferta retirámola da Mesa. Ante a nova ruptura das negociacións por parte da Xunta de Galicia os traballadores da Xustiza galega debemos recrudecer as medidas de presión e facer aínda mais visible o conflito da xustiza entre a cidadanía. Pola súa banda facemos un chamamento aos colectivos (avogados, procuradores, perítos...) afectados de maneira directa polo conflito a que, en vez de queixarse nos medios de comunicación, participen de maneira activa na Mesa de operadores xurídicos que imos constituír nos próximos días. A súa non participación faraos complices do Goberno da Xunta de Galicia


Preme para ampliar