Carta aberta ao Sr. Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia

4 de abril de 2018

Ourense, 4 de abril de 2018

Dixo onte vostede, que a Xunta ía xestionar o diñeiro desde parámetros de “obxectividade e responsabilidade”, en referencia ás reinvindicacións salariais presentadas por los representantes sindicais dos funcionarios de xustiza. Tamén dixo que a última proposta da administración cumpre todas as aspiracións que tiñan os sindicatos e pediulle a éstes novamente que reflexionen e acepten esta última oferta.



Permítame, Sr Rueda, facerlle un par de observacións e, de paso, instalo a que tamén vostede reflexione sobre a xestión que, a administración que vostede dirixe, fixo deste conflito.

A primeira cuestión que quero plantexarlle é onde estaba esa “obxectividade e responsabilidade”, da que fai gala, antes do día 07 de febreiro. Sí, como ben sabe, ese día empezou unha folga indefinida que vostede non quixo evitar aplicando eses dous parámetros tan sinxelos coma contundentes: obxectividade e responsabilidade. Se o fixera, se vostede fora consecuente co que di, a última oferta presentada estaría na mesa de negociación o día 06 de febreiro e non o 19 de marzo, é dicir, 41 días de folga máis tarde!

Con esta mochila ás nosas costas (hoxe son 57 días de folga), vostede afirma que a última proposta da administración cumpre todas as aspiracións que tiñan os sindicatos. Dá a impresión de que vostede camiña a destempo, de que vostede sempre chega tarde; e non estou a falar da andaina de Semana Santa, onde se lle viu ben lixeiro, senón da velocidade á que camiña vostede para resolver o conflito da xustiza, moi lonxe do que é de esperar do seu alto cargo. É como se non estivera entre as súas prioridades resolver un asunto tan delicado e tan costoso para toda a sociedade.

Algún malpensado dirá que xoga vostede ao desgaste; que busca a nosa rendición por aplastamento para exemplo doutros colectivos que ousen emularnos. Eu négome a pensar así por iso lle pido, humildemente, que reflexione e se aplique a fondo para terminar con esta folga que a ninguén beneficia. Sobradamente sabe que, con vontade e imaxinación, pódense explorar distintas fórmulas para chegar, con relativa facilidade, a un consenso satisfactorio para todos.

Se esto acontece, se os traballadores comprabamos, a través dos nosos representantes, que deixa de tratarnos como se foramos menores de idade e que actúa de boa fe, esqueceremos os insultos recibidos e voltaremos ás oficinas xudicias coa responsabilidade e seriedade que vostede coñece.

X.I.A.R.- Un traballador en folga indefenida