RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de pór en marcha novas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.