Mañá 7A - dous meses: vémonos tod@s en Santiago

6 de abril de 2018


"publicado en galicia confidencial"


Imagen relacionada
Manifestación en Santiago 24F
A folga na Xustiza cumpre dous meses, con o vicepresidente Rueda como obstáculo para os sindicatos.



O Goberno galego está disposto a "dialogar e a negociar" cos sindicatos que representan aos funcionarios do sector xudicial galego para tentar pór fin á folga indefinida que cumpre este sábado dous meses. Iso si, dita negociación terá que facerse, remarca, "en torno ao marco do escenario económico exposto na súa última proposta". 

Ao mesmo tempo, os funcionarios volveron reclamar este venres a dimisión do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, nunha nova xornada de protesta na Coruña á que acudiron coas súas habituais camisetas azuis co lema 'Xustiza en Loita' e con pancartas coa frase 'Alfonso Rueda pídenos reflexión, nós a súa dimisión'.