Funcionarios da Xustiza denuncian "represión da Xunta" polo expediente a dous delegados sindicais

29 de maio de 2018

"Na prensa"
actualizado: 22:00 horas.


Funcionarios de justicia se concentran en Vigo
Concentración en Vigo
AXG-CUT denuncia "inspeccións sorpresa" e "con fin revanchista" da Xunta nos xulgados.

Funcionarios da Xustiza concentráronse este martes en varias cidades e localidades galegas para denunciar "represión sindical" ante os expedientes abertos a Consuelo Rodríguez (delegada sindical da CIG) e Javier Fernández (delegado de Alternativas na Xustiza-CUT).

Pablo Valeiras (AXG-CUT) denunciou a "represión sindical" da Xunta e subliñou que "os dous únicos expedientes" abertos por mor da folga indefinida dos funcionarios da Xustiza son de sindicalistas de AXG-CUT e CIG, "e non a ningún delegado dos sindicatos que asinaron o acordo da Xunta".

AXG-CUT tamén denunciou este martes "inspeccións sorpresa" e con "fin revanchista" da Xunta nos xulgados. "Desde 1996, data da transferencia da Administración de Xustiza á Xunta, as inspeccións aos xulgados por parte da propia Xunta non existiron, agás para algunha presentación ante os medios", subliña, nun comunicado.

No mesmo, a organización ironiza con que, "casualidades ou non", é agora, "tres meses despois" do inicio dunha folga que acumulou "un seguimento espectacular" cando "os inspectores aparecen polos xulgados identificando os traballadores, coma se de súpeto pasasen a ser uns incumpridores natos".
"Como servidores públicos que somos, compartimos que haxa inspeccións que melloren o servizo e controlen o funcionamento do mesmo, pero a triste realidade é que o único que fan é xerar unha sensación de coacción sobre os traballadores
", remarca.

Funcionarios da Xustiza denuncian "represión da Xunta" polo expediente a dous delegados sindicais

Funcionarios de justicia se concentran para denunciar la "represión" contra dos delegados de CIG y AXG-CUT expedientados