"(...) amplíanse os supostos previstos no Decreto autonómico 169/2013 incorporando os seguintes:
• Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica.
• Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida.
• Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995.
• Cardiopatías isquémicas.
Deste xeito, queda equiparada a situación do persoal dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia co resto de corpos funcionariais ou autoridades do ámbito xudicial.
A data de efectividade desta ampliación será a da publicación da norma estatal habilitante, de acordo co previsto na cláusula 5ª do II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo, do 9 de marzo de 2018. (...)"