As UVEX nos edificios xudiciais

10 de xullo de 2018


A raíz das queixas presentadas nos medios de comunicación e por escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza pola falta de efectivos na seguridade do edificio xudicial de Ferrol, onde para todo o período estival só estaban dous axentes, en quendas de mañá e tarde, permanecendo sen vixilancia o xulgado de garda, a partir de hoxe unha vixiante de seguridade privada tamén se encargará do control na entrada do edificio xudicial. De este xeito, as dúas entradas do edificio (a entrada principal e a entrada polo xulgado de garda) estará garantido.

Nembargantes, seguiremos a nosa loita por acadar que de xeito real existan os efectivos estipulados no convenio entre Mº do Interior e Xunta de Galicia en todas as cidades e vilas de Galicia.