RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Modificar a Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, nos seguintes termos:
Primeiro. O artigo oito queda redactado como segue:
«Artigo 8. Retribución: Os funcionarios que realicen unha substitución nun corpo inmediato superior percibirán, ademais das retribucións complementarias do posto que desenvolvan en substitución, a diferenza entre as retribucións básicas do seu corpo de pertenza e as correspondentes ao corpo a que estea adscrito o posto que efectivamente desenvolva».
Segundo. Recursos
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición transitoria únicaO disposto na presente resolución será de aplicación desde o día 1 de maio de 2018.
Disposición derradeira únicaEsta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.