RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Persoal que presta servizos nos seguintes centros da Coruña:
– Edificio Administrativo da Coruña.
– Xulgados da Coruña.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
A actividade formativa realizarase cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada este curso se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web PREME AQUÍ.
Terceira. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo PREME AQUÍ desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Ligazón ao DOG 9.8.2018 Etiquetas: cursos de formación , DOG , EGAP , riscos laborais