Cada ano na cidade da Coruña recíbense mais de 1000 solicitudes de cooperación xudicial do resto de Órganos Xudiciais de todo o Estado mediante a expedición do corresponde exhorto.
Unha cidade coma a Coruña, con máis de 50 unidades xudiciais, só conta cunha única sala de Videoconferencias e un único aparato de Videoconferencias para realizar todas as solicitudes que chegan do resto de Órganos Xudiciais.
Por vostede é suficientemente coñecida a problemática existente coa sala de videoconferencias de Coruña, pois AXG-CUT denunciouno en múltiples ocasións xunto cos traballadores de auxilio xudicial desta cidade (escritos de data 08/06/16, 24/10/2016 e 21/12/2016).
Coma sempre, unha vez mais a Dirección Xeral de Xustiza deu a calada como resposta, desprezando a cidadáns e traballadores, quen sofre os prexuízos polo pasotismo e inacción da Xunta de Galicia.
Ao xa denunciado, temos que engadir que recentemente se cambiou o sistema para practicar as videoconferencias, aínda que en lugar de mellorar empeorouse drasticamente.
Co novo sistema de videoconferencia créase unha sala virtual. Isto permite cando se está celebrando unha videoconferencia cun Xulgado, entrar a outro distinto que nada ten que ver coa que se está celebrando, simplemente marcando o número de telefono facilitado. Non existe por tanto ningún filtro ou obstáculo informaticamente falando para impedir tal acción.
Co anterior sistema de videoconferencia podíanse practicar as mesmas sen ningunha dificultade cos Xulgados e Tribunais de Galicia. Agora co novo sistema, nin cos de Galicia nin cos do resto do territorio nacional. Existen problemas diarios que nin o CAU e técnicos son capaces de solucionar.
O novo sistema require diariamente un número de telefono distinto para que o Xulgado exhortante poida contactar.
O número elevado de videoconferencias a celebrar na cidade de Coruña, provoca que se solapen en espazo e tempo, provocando numerosos prexuízos para os cidadáns, que non paran de queixarse.
Dende Alternativas na Xustiza-Cut ESIXIMOS ao Director Xeral de Xustiza (JJ Martin) unha xestión responsable dos medios materiais, que cumpra coas obrigas inherentes ao posto e cargo que ostenta, que deixe a un lado o pasotismo, a inacción e a inmoralidade, para ocuparse e dar solución dunha vez por todas aos problemas existentes nos Xulgados e Tribunais de Galicia, que non son poucos.
Incluso nos atrevemos a pedirlle que reflexione para que entenda que a Xustiza é un dos pilares fundamentais e que polo tanto os cidadáns merecen un servizo publico de calidade, dotado de medios materiais e persoais adecuados as circunstancias e cargas de traballo.
Por ultimo, SOLICITAMOS coma así o fixemos en anteriores ocasións, a dotación de varios equipos de videoconferencia compatibles co resto dos do territorio nacional, que permitan un funcionamento adecuado.
A Coruña, 18 de outubro de 2018.