Desenvolvemento.
O curso desenvolverase na EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, nas seguintes datas: 25 e 31 de outubro; 8, 15, 22 e 29 de novembro, e 13 e 20 de decembro de 2018.
Terá unha carga lectiva de 45 horas presenciais, distribuídas en 8 sesións: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en ho-rario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
Contido.
O curso estrutúrase en 8 sesións, nas cales se tratarán, entre outros, os seguintes te-mas:
• As relacións administrativas ad intra. Principios xerais de actuación do sector público e os órganos das administracións públicas. Relacións interadministrativas.• As relacións administrativas ad extra. Os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración pública.
• Cuestións xerais do procedemento administrativo común I: os prazos. Cómputo. Efec-tos da extemporaneidade nas actuacións administrativas, en especial, caducidade, silencio administrativo e prescrición.
• Cuestións xerais do procedemento administrativo común II: a eficacia dos actos admi-nistrativos. Especial referencia ao procedemento notificador e ás notificacións electrónicas.
• A tramitación electrónica do procedemento administrativo. Identidade dixital. Presen-tación documental electrónica. Expediente, documento e arquivo electrónicos. Interopera-bilidade.
• O procedemento administrativo común I: os interesados. Iniciación de oficio e por ins-tancia de parte. As medidas preventivas.
• O procedemento administrativo común II: ordenación, instrución e finalización do pro-cedemento. Especial referencia á resolución do procedemento administrativo.
• Os principios da potestade sancionadora. As especialidades do procedemento sancio-nador.
• Os principios da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. As espe-cialidades do procedemento de responsabilidade patrimonial.
• O sistema de recursos administrativos.
• Nulidade e anulabilidade. A revisión dos actos en vía administrativa.
• A iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria.
• Os convenios na Lei 40/2015.
Prazas: 80.
Persoas destinatarias: O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asi-milada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza,