Éxito do sindicalismo de clase e combativo

23 de outubro de 2018



Dende AXG-CUT queremos transmitirlle @s nos@s compañeir@s da CUT-CITROEN os nosos parabéns polo éxito logrado nas eleccións sindicais en CITROËN.
Tras anos de traballo e loita fronte á empresa e o seu alter ego (o sindicato amarelo de turno sempre necesario, o SPJ-USO da Xunta de Galicia), así como contra os intereses dos sindicatos subvencionados CCOO e UGT, a CUT converteuse onte no 2° Sindicato en CITROËN.

A CUT foi quen de mobilizarse contra os recortes brutais levados a cabo pola empresa nestes últimos anos. Logrando incluso a condena, por parte do Tribunal Supremo a, a Citroën por Vulneración do Dereito Fundamental de Folga, recibindo unha indemnización de 50.000 euros.

Deixamos a nota onde os compañeiros fan unha valoración dos históricos resultados,


Resultados históricos en Citroën: CUT segunda forza entre as traballadoras e traballadores de produción 
Ligazón á entrada-CUTGaliza.org