Curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial da Coruña

22 de outubro de 2018

"publicado na intranet"

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, infórmase de que todo o persoal solicitante dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia foi admitido.


Debido á limitación de prazas nas distintas edicións (100 por edición), aquelas persoas que solicitaron ser incluídas nunha edición concreta cuxa cota xa estaba esgotada, foron incluidas noutra edición coas mesmas datas de celebración.