Stellantis Vigo negase a repetir as eleccións sindicais pese a orde do laudo arbitral que as anula
24 de novembro de 2022
A CUT convoca folga de mulleres no 8M por cuarto ano consecutivo
4 de marzo de 2021
A Secretaría das Mulleres da CUT anunciou este xoves, 28 de xaneiro, a convocatoria de folga xeral de mulleres para este 8 de marzo baixo o lema “Todas con dereitos, ningunha con medo”. Deste xeito, este 8 de marzo transcorrerá a 4ª folga xeral de mulleres convocada consecutivamente por esta central sindical en Galiza.
Etiquetas: 8 de marzo , CUT , folga , FolgaFeminista
A CUT na defensa do público en plena pandemia pola COVID 19
24 de setembro de 2020
A CUT reafírmase como o sindicato maioritario na CRTVG
12 de xuño de 2019
A CUT reafírmase como o sindicato maioritario na CRTVG. No centro de San Marcos, onde onte votaron para elixir un comité de empresa de 21 membros, a CUT obtivo 180 votos, case o 30% dos sufraxios, que supoñen unha representación de 6 delegados.Etiquetas: CRTVG , CUT , Eleccións sindicais
Publicación do DOGA dos servizos mínimos Folga 8M
1 de marzo de 2019
Unha nova identidade para continuar en movemento
7 de xaneiro de 2019
A CUT muda o seu logotipo coincidindo coa celebración do XX aniversario do sindicato
A nova identidade gráfica é un traballo da cooperativa NUMAX
Cumprimos 20 anos de existencia e pensamos que chegou o momento de mudar o logotipo que nos acompañou e referenciou desde 1999. Esa roda dentada e esa grande estrela que afortalaron as nosas siglas desde o seu nacemento evolucionan neste 2019 para actualizar a nosa identidade ao contexto actual, sempre coa vista posta na esencia inmutable do que eramos e continuamos a ser, pero en movemento constante. Mirade en 20 segundos a transformación:Etiquetas: CUT
Éxito do sindicalismo de clase e combativo
23 de outubro de 2018
PSA Vigo indemnizará á CUT con 50.000 euros por vulnerar o dereito á folga
19 de outubro de 2018
El Supremo da la razón al sindicato con motivo de una protesta de 2014.
El Tribunal Supremo ratifica la sentencia del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre que PSA Peugeot-Citroën vulneró el derecho a la huelga de los trabajadores de las instalaciones de Vigo en el año 2014.
Etiquetas: CUT , folga , Prensa
Congreso en Barcelona: Xornadas contra a represión política, social e sindical
5 de xullo de 2018
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT acudirá ás xornadas convocadas os días 6 e 7 de xullo en Barcelona contra a represión política, social e sindical invitada por IAC - Intersindical alternativa de Catalunya - IAC.
A folga histórica na xustiza galega non coñece fronteiras e o seguimento por parte dxs traballadorxs foi exemplar.
Acudiremos para dar a coñecer a implicación do colectivo e a reclamación que encabezaba esta folga: poñer fin á discriminación.
Etiquetas: AXG-CUT , congreso , CUT , represion sindical
1º de MAIO: non é unha ponte, é o día da clase traballadora
30 de abril de 2018
- Está a faltarlle ao respecto á memoria da clase traballadora.
- Está a ser cómplice da súa escravitude, porque non hai mellor persoa escrava que aquela que acepta o relato da clase dominante.
- Está a esquecer que é un traballador ou traballadora cunha serie de dereitos que outros e outras pelexaron.
- Está a caer no auto-engano de pensar que non ten que lembrar nada porque ao poder ir de ponte o movemento obreiro non ten nada que ver con el ou ela.
Etiquetas: 1 de maio , CUT , maio , Mobilizacións
Este sábado sindicalismo e movementos sociais xúntanse en Vigo para tender pontes
26 de novembro de 2015
O TSXG declara ilegal a vixilancia do correo persoal realizada pola dirección da CRTVG
29 de maio de 2014
O TSXG dálle a razón ao sindicato na súa demanda, deixando sen efecto as medidas adoptadas, pois subliña que a CRTVG vulnerou o dereito do Comité de Empresa a emitir informe previo para defender e representar os intereses dos traballadores e traballadoras cando impuxo a medida de xeito unilateral e obviando á lexislación que ampara negociación colectiva. Na súa reclamación, o sindicato tamén denunciaba o que entendía como un ataque ao seu dereito á intimidade e que violaba o segredo das comunicacións. Ademais, os e as xornalistas da CRTVG sinalaban que a empresa conculcaba deste xeito a liberdade de prensa, o segredo profesional e a confidencialidade das fontes de información. O alto tribunal xa non entra a valorar estes aspectos, dada a gravidade do incumprimento do método que a empresa debe seguir para aprobar unha norma deste tipo.
“Non é só unha magnífica noticia para as profesionais da información que traballan na CRTVG, senón para a clase traballadora en xeral. Calquera medida colectiva deste tipo que as empresas pretendan impoñer sen negociar coa representación sindical será inválida"
Para Raquel Lema, responsable da CUT na CRTVG, “non é só unha magnífica noticia para as profesionais da información que traballan na CRTVG, senón para a clase traballadora en xeral e para o sindicalismo. Calquera medida colectiva deste tipo que as empresas pretendan impoñer sen negociar coa representación sindical será inválida”. Lema salienta a este respecto que “neste momento no que, sobre todo a raíz da última reforma laboral, a negociación colectiva perdeu moita forza, que todo un TSXG lle diga á empresa que ten a obriga de informar e consultar coa representación sindical normas que afectan ao desenvolvemento do traballo de todos os empregados e empregadas é darlle un valor á negociación colectiva que a empresa lle intentou negar”.
A sindicalista lembra que neste proceso “negóusenos mesmo o dereito a negociar” e subliña que a sentenza “pon en evidencia o autoritarismo da dirección da CRTVG e a fasciscitación das relación laborais. O TSXG deixa claro que así non se poden facer as cousas, que aínda hai unha marxe moi grande para a negociación colectiva, e que nin coa reforma laboral perdemos este dereito".
Dous traballadores recibiron cartas que lles advertían de que o sistema detectara intentos de acceso a páxinas web que non estaban xustificados polos cometidos do seu posto de traballo
"Parece que ás veces, se se loita, os xulgados tamén nos dan a razón ás traballadoras"
Control laboral e control da información
A normativa imposta pola dirección da compañía xerou inmediatas críticas entre as traballadoras e traballadores, antes as que a empresa se xustificou repetindo que o obxectivo era "protexer a información da organización e o bo desenvolvemento da súa actividade". O propio Alfonso Sánchez Izquierdo, cando foi interpelado no Parlamento por esta decisión, defendeu que é unha práctica habitual en moitas empresas.
Para a CUT a medida respondía á preocupación da dirección do ente ante a crecente actividade de denuncia que os e as traballadoras estabas a realizar "dunha política sistemática de manipulación informativa"
ESPAZO para foto ou resumo de texto










