
O Plan de formación vai dirixido a:
◦ o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia
◦ o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
◦ o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia
◦ o persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional
◦ o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia
Así, este documento inclúe formación específica para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), para o persoal ao servizo das entidades locais (LO), para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas (UN), e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF), e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados anteriormente.
Cómpre destacar que o Plan ten unha función meramente informativa e que para acceder ás actividades reflectidas nel será preciso matricularse nas convocatorias que serán publicadas no DOG durante as próximas semanas Etiquetas: cursos de formación , EGAP