Devolución IRPF maternidade e paternidade dos anos 2016 e 2017

2 de xaneiro de 2019

"en prensa"

Desde esta mesma tarde, os contribuíntes que cobraron prestacións por maternidade e paternidade nos anos 2016 e 2017 poderán solicitar a devolución do IRPF. 

A Axencia tributaria planea habilitar na súa páxina web ao longo do día un apartado para reclamar o reintegro deste gravame. 
Con esta medida iníciase a segunda fase do proceso, xa que os pais que cobraron as súas prestacións nos anos 2014 e 2015 puideron encher os seus formularios desde o pasado mes de outubro.


Unicamente son necesarios dous datos para levar a cabo a petición: os anos nos que percibiu a axuda e un número de conta. Iso si, para os que prefiran facelo a través da web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es), necesitarán acreditar un certificado electrónico, un DNI electrónico, unha clave PIN ou un número de referencia. Os contribuíntes que sufrisen retencións no ano 2018 por prestacións de maternidade e paternidade non deberán realizar ningún trámite en particular, debido a que na próxima declaración da Renda incorporará as prestacións como rendas exentas e as retencións soportadas serán deducibles.