AXG-CUT esixe aos Decanos a participación de tódol@s traballador@s nas Xuntas Electorais

14 de febreiro de 2019

Durante o ano 2019 haberá varios procesos electorais (municipais, europeas) e probablemente eleccións xenerais. Tradicionalmente foi motivo de discrepancia a fórmula de selección do persoal que participa nas Xuntas electorais, sendo o criterio para a selección o de quendas rotatorias entre @s traballador@s dos xulgados cuxo titular fora designado como membro da Xunta, o que non é garantía da igualdade de oportunidades e transparencia. Dende este sindicato consideramos que sería máis coherente amplialo a todo ó persoal das distintas cidades galegas.

 A participación –ou non- nas distintas eleccións sempre se decidiu cunha inxustiza de base e privando da posibilidade de incorporarse á Xunta a outr@s compañeir@s con igual dereito a facelo.



preme para ampliar

preme para ampliar