Poderán participar nas actividades formativas relacionadas no anexo os empregados públicos que presten servizos a través dunha relación de carácter funcionarial, laboral ou estatutario no ámbito da Administración Xeral do Estado, das Administracións das Comunidades Autónomas, das Cidades con Estatuto de Autonomía de Ceuta e Melilla e da Administración local, así como o persoal de administración e servizos das universidades públicas e o persoal funcionario ao servizo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos.
Os requisitos específicos de participación para cada acción formativa detállanse no anexo.