Nota Informativa sobre o concurso de traslados
11 de febreiro de 2019
"Publicado na intranet"
Etiquetas:
2018
,
Concurso de traslados
,
Intranet Xustiza
,
nota informativa
No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza publica na intranet nota informativa sobre o concurso de traslados.
Importante:
Respecto aos prazos posesorios a nota publicada di o seguinte:
"2.- Tomas de posesión
O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde prestan servizos disporán de 3 días hábiles para a súa incorporación ao novo destino e de 8 días se hai cambio de localidade, e 20 días naturais ou un mes segundo a comunidade de procedencia.
Os prazos empezan a contar dende o día seguinte á data do cese.
No caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio."
Hai un erro no prazo de toma de posesión pois onde pon 20 días naturais debe poñer 20 días hábiles, conforme ao disposto na base novena, apartado 4, da Orde JUS/779/2018 de 6 de xullo, pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios dos corpos e escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza
Imprimir / Compartir