AXG-CUT reclama 2 prazas de tramitación para o Decanato de Ourense

14 de marzo de 2019


O Servizo Común de rexistro e reparto dos xulgados da cidade de Ourense é unha figura imprescindible na canalización de todo o traballo dos xulgados. Naceu cun cadro de persoal moi por debaixo do mínimo necesario, tanto pola poboación do partido Xudicial de Ourense, coma polo nivel de litioxidade. O cadro de persoal oficial é unicamente dun Xestor procesual e un Tramitador procesual. 



 Ante a imposibilidade de xestionar as cargas de traballo a Xunta de Galicia veuse obrigada, a través do Servizo de apoio, ampliar unha praza de Tramitación (que non é propio do Decanato) e grazas ao voluntarismo dos traballadores do corpo de Auxilio de reforzo ( tampouco eran persoal do Decanato) que realizaban funcións impropias ao seu posto. Coa marcha dos traballadores de reforzo de auxilio, como consecuencia da cobertura das prazas a través do concurso de traslado a situación do Servizo Común de rexistro e reparto está ao limite do colapso, e mentras os xulgados estiveron 10 días prácticamente paralizados.

Preme para ampliar