Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

27 de marzo de 2019

"Publicado no DOG"

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014 pola que se habilita e autoriza á Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (rede CeMIT) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, anúnciase a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en diante, CODIX), que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:


 Primeira. Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial en que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Ligazón DOG

-. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
-. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.
-. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.