Designación de representante sindical para a Comisión de Valoración do concurso específico da Fiscalía de A Coruña

4 de marzo de 2019

Segundo o disposto na Base quinta no apartado 2.b) da Resolución do 21 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.: 
 A comisión de valoración estará integrada por b) “Un/unha representante das organizacións sindicais máis representativas, que actuará como vogal. A persoa que represente as organizacións sindicais designarase baixo proposta destas. 
Advertirase expresamente que unha vez que a Administración solicite a proposta de designación, se esta non se leva a efecto no prazo de 10 días hábiles entenderase decaída a referida opción.

 Salientar que en ningún caso se obriga ás organizacións sindicais a designar “conxuntamente” ó representante, polo cal terá que ser a Administración, entre as propostas que acheguen as distintas organización sindicais, a que estableza o criterio para decidir entre os candidatos presentados cal formará parte da comisión, non podendo servir de excusa para deixar sen representante sindical na Comisión de Valoración ós representantes dos traballadores, como sucedeu na designación da comisión de valoración do concurso específico para a provisión dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial de Lugo.


Preme para ampliar

Preme para ampliar