"Publicado no DOG"
O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).
A Confederación Intersindical (CI), o Sindicato Comisións de Base (CO.BAS), Alternativa Sindical de Trabajadores (AST), Intersindical de Aragón (IA), Sindicato Asambleario de Sanidade la Comunidad de Madrid (SAS), Sindicato Único de Trabajadores Solidaridad Obrera (SUTSO), a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), a Confederación General del Trabrajo (CGT), a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e o Sindicato de Oficios Varios daquela confederación en Vigo, a Unión General de Trabajadores (UGT), o Sindicato Nacional de Comisiones Obreras, a súas federacións de Enseñanza e Servicios y Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia (CC.OO.), a Unión Sindical Obrera (USO), a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Labrego Galego, o Sindicato Ferroviario-Intersindical, a Confederación Intersindical Galega (CIG), Erguer Estudantes da Galiza, e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), comunicaron diversas convocatorias de folga xeral con diversos tramos horarios para o día 8 de marzo de 2019, e que afectará todas as actividades e centros de traballo, tanto de empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración Exterior, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 8 de marzo ata as 24.00 do mesmo día.
Ligazón ao DOG
Etiquetas:
CUT
,
FolgaFeminista
,
servizos mínimos