EGAP convoca o curso superior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica.

9 de maio de 2019

"Publicado no DOG"

Convocar o Curso superior «As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica», de acordo coas seguintes bases: 1. Obxectivos. As leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro, introducen novidades relevantes na regulación do procedemento administrativo común das administracións públicas e do réxime xurídico do sector público, que inciden, entre outras, na organización e no funcionamento da Administración, no réxime xurídico dos convenios, na responsabilidade patrimonial das administracións públicas, nos recursos administrativos, na tramitación electrónica dos procedementos e nos dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración.


 O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos. 

Inscrición.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria do curso no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 14 de maio de 2019.

Ligazón DOG