Dirección Xeral de Educación convoca cursos gratuitos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

20 de agosto de 2019

"Publicado no DOG"



Solicitudes e prazos de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes. 


Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo. 

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).