AXG-CUT reitera a apertura de xanelas no novo edificio xudicial de Ourense

13 de setembro de 2019

Hai un ano (27 de setembro de 2018) ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT presentou por rexistro un escrito solicitando a apertura de xanelas no novo edificio xudicial de Ourense, tras o fallo da sentenza 132/18 no que se recoñecia que a "síndrome do edificio enfermo" afectaba os traballadores dos edificios de oficinas herméticos cuxa ventilación é sempre artificial mediante sistemas de aire acondicionado.

Posteriormente o 8 de decembro desde ALTERNATIVAS realizamos unha enquisa, entre todos os traballadores, para saber a repercusión da calidade do aire, no seu día a día, cuxos resultados resultaron alarmantes.



Preme para ampliar