Proposta da XUNTA DE GALICIA de modficación da orde de substitucións

22 de novembro de 2019


A Xunta de Galicia propón, tal e como xa solicitamos en múltiples ocasións, ELIMINAR como causa de finalización dunha substitución a falta do seu desempeño durante 15 días hábiles.

Así mesmo, propón SANCIONAR, en todo caso, a renuncia a unha substitución, unha vez adxudicada, e tal sanción será a penalización de NON OBTER UNHA NOVA SUBSTITUCIÓN durante o período de UN ANO.

Ésta é a Comunicación remitida no día de hoxe pola DXX:


Achégase resolución pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


A modificación recolle a previsión xa existente nos borradores de ordes que regulan as comisión de servizos máis as substitucións en canto á penalización das renuncias nestas formas de provisión de postos, e que foi tratada en distintas mesas técnicas e na última mesa sectorial.

Por outra parte, elimínase como causa de finalización da substitución a falta de desempeño durante 15 días hábiles.

O que se comunica para que, no prazo de 5 días hábiles se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

As alegacións deberán remitirse  por correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es

Añadir leyenda
PREME PARA AMPLIAR