Desaloxo do edificio xudicial de Ferrol como consecuencia da neglixencia da Xunta

16 de xaneiro de 2020

A negativa da Xunta de Galicia a arranxar a clararaboia danada como consencia do temporal Fabian a principios de decembro, provocou unha inundación nos edificios xudiciais de Ferrol e o desaloxo dos mesmos por orde da xuiz Decana.



Dende principios de decembro a única obra realizada pola Xunta de Galicia foi cubrir unha uralita rota por mor temporal cunha táboa o que provocou probablemente unha bolsa de auga que, a consecuencia do peso, cedeu provocando a inundación a traves das escaleiras cos riscos evidentes cara a danos persoais e risco de danos electricos para persoas e o mobiliario, ordenadores, etc...


Outro exemplo máis do desprezo coa Administración de Xustiza en Galicia.