EGAP: convocatoria de cursos de formación en materia de igualdade e violencia de xénero

28 de febreiro de 2020

"publicado no DOG"

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
Destinatari@s:

O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Solicitudes: 

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Ligazón ao DOG