Problemas coas actualizacións de MINERVA

18 de febreiro de 2020


O pasado día 7 de xaneiro publicouse na INTRANET unha nova versión da aplicación MINERVA (MINERVA V.6.0.2.1), na que, lida polo miúdo, se podía acceder as distintas guías para os diferentes órganos xudiciais (segundo a orde xurisidiccional á que pertencesen) e que explicaban os cambios nesta nova versión. De sempre, a idea básica e central das actualizacións é facilitar o traballo diario d@s traballador@s, facendo máis sinxelo e rápido o seu traballo, do que se deduce que sempre debe ser un AVANCE.


Mais, neste caso, nos Xulgados do Social, en troques de ser un avance é un retroceso, ralentizando a labor: se antes, partindo do exemplo dun procedemento no que houbese varíos intervintes (nalgúns dos casos ata 70 traballador@s coa defensa dun mesmo avogado, cando cumpría realizar algunha notificación por LEXNET, a propia aplicación asignaba este mesmo avogado a tódolos traballadores de xeito automático.

Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar