Amosando publicacións coa etiqueta Minerva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Minerva. Amosar todas as publicacións

Minerva | Manual de Xestión de equipos e usuarios

23 de novembro de 2022


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; Manual de Xestión de equipos e usuarios en Minerva no apartado de documentación da páxina deste sistema. 

 A funcionalidade "Xestión de Equipos" de Minerva, permite ás persoas habilitadas para este efecto, a creación e administración de Equipos para facilitar a xestión e distribución das tarefas do órgano do que sexan responsables. 

Desde a opción “Entorno” - “Gestión de Equipos/Usuarios” podes crear un Equipo, asignarlle os usuarios que o conforman e as funcionalidades que teñen atribuídas. Por exemplo, poderás crear un equipo que se chame “EQUIPO EXECUCIÓNS” e asignarlle o/s usuario/s que levan os devanditos procedementos. 

A ineficiencia dunha Amtega millonaria

6 de abril de 2022

"publicado en prensa"

A Xunta de Galicia, por mor dos erros informáticos producidos onte, colgou na intranet a seguinte información: 
“Estanse a detectar erros de acceso á Minerva e na conexión da aplicación con Portasinaturas, o que está a afectar ao envío de documentos á firma. A incidencia é de carácter xeral e está a ser revisada. Comunicaremos a resolución en canto se produza.” 

O certo é que un día máis tarde seguen sen solucionarse os erros o que está a provocar: 
Funcionari@s de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen.

Actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura.

AXG-CUT denuncia a mala xestión de Amtega que provoca fallos no programa informático

"publicado en prensa"

Denuncian fallos en los sistemas informáticos de los juzgados: “El personal está de brazos cruzados”.

Sindicatos critican a la Xunta y Amtega por su “ineficiente” gestión.

Por segundo día consecutivo, el sistema Minerva, aplicación informática judicial que permite el acceso a los expedientes para su trámite seguía al ralentí en los tribunales vigueses. El sindicato Alternativas Na Xustiza presentó un escrito ante la Amtega, la agencia de digitalización de la Xunta, para denunciar estos fallos que mantienen, avisa su responsable Pablo Valeiras, “a los funcionarios de brazos cruzados”.
 
“La gestión informática de la Xunta es tan ineficiente que está provocando fallos increíbles”, reacciona Valeiras. Alega que se están realizando intervenciones informáticas “no compatibles” con los equipos “obsoletos” que hace que se pierda su funcionalidad. “¿Es posible que un organismo con presupuesto millonario como la Amtega cometa estos errores?”, se cuestiona.

AXG-CUT denuncia os incidentes informáticos dos últimos días


"publicado en prensa"

La caída del programa judicial Minerva ralentiza los tribunales en Vigo.
Los funcionarios tienen que volver a escribir documentos en viejos programas ofimáticos sin acceso a la base de datos. La Xunta dice que la incidencia duró dos días pero ya está solucionada.

Fuentes del sindicato Alternativas na Xustiza-CUT indicaron, tras la cadena de incidentes informáticos, que «os funcionarios e funcionarias están de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen. Hai actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura».

AXG-CUT traslada á Xunta de Galicia e Ministerio de Xustiza aportacións feitas pol@s traballador@s para a mellora da aplicación MINERVA

21 de xaneiro de 2022


Ao igual que fixemos en datas recentes coa aplicación informátiva Fortuny, neste caso queremos trasladas á xunta de Galicia e ao Ministerio de Xustiza (propietario da licenza de aplicación Minerva), unha serie de aportacións feitas pol@s traballador@s, xa que son eles os que sofren os defectos e aproveitan as virtudes do programa no día a día...

 

MINERVA; versión 6.4.4.0

24 de agosto de 2021

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; 
 
Estase a implantar a nova versión de Minerva nos Xulgados de toda Galicia de xeito progresivo. A versión 6.4.4.0. introduce novas funcionalidades na consulta, xestión e nas Oficinas de Rexistro e Reparto. Poderás ver estas novidades cando a versión estea actualizada no teu órgano.

Curso online sobre Administración Xudicial Electrónica - Reforza o teu coñecemento

9 de marzo de 2021

 Impartido na plataforma de teleformación de Xustiza Dixital

 

O curso Reforza o teu coñecemento permite que mellores o dominio dos procesos e sistemas que empregas no teu día a día e que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico. Esta iniciativa formativa conta con varias videoaulas impartidas por un titor/a, a quen poderás consultar todas as túas dúbidas sempre que o precises. Cando entres no curso, verás unha guía na que tes todas as indicacións sobre como seguilo. Recorda coller os teus auriculares antes de comezar! 

  • Modalidade: 100% online. 
  • A quén está destinado? A todo o corpo de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza.
  • Duración estimada: 4 horas. 
  • Cando? Cada xoves, a partires do 11 de marzo, empeza unha nova edición, até un total de 10. Antes da data de apertura do curso que corresponde ao teu órgano, a/o LAX comunicarache a data na que comeza. Tamén podes consultala neste calendario.

AXG-CUT solicita a convocatoria de cursos de formación de MINERVA

20 de xullo de 2020

Unha vez publicadas as novas bolsas de interin@s, o tempo que algúns deles levaban sen traballar, así como @s traballador@s chamad@s polo SPEG, cuxo coñecemento sobre o uso da plataforma MINERVA era nula e cuxa única maneira de aprender a manexala era por medio da axuda d@s compañeir@s, moita vontade e chamadas telefónicas ao CAU, fáise máis que necesaria a convocatoria destes cursos de formación.

Problemas coas actualizacións de MINERVA

18 de febreiro de 2020


O pasado día 7 de xaneiro publicouse na INTRANET unha nova versión da aplicación MINERVA (MINERVA V.6.0.2.1), na que, lida polo miúdo, se podía acceder as distintas guías para os diferentes órganos xudiciais (segundo a orde xurisidiccional á que pertencesen) e que explicaban os cambios nesta nova versión. De sempre, a idea básica e central das actualizacións é facilitar o traballo diario d@s traballador@s, facendo máis sinxelo e rápido o seu traballo, do que se deduce que sempre debe ser un AVANCE.

AXG-CUT denuncia o "caótico" funcionamento de Minerva

26 de setembro de 2017


"publicado en LA VOZ DE GALICIA"

El sindicalista de Alternativas na Xustiza-CUT, Pablo Valeiras, indicó que en la ciudad de Pontevedra pasó algo similar en la misma franja horaria y en otras ciudades de Galicia. «Esto es un desastre. Cualquier intento de modernización de Justicia debe pasar por un buen programa como Minerva y LexNet pero estos no funcionan bien o dan problemas continuamente. Dimos quejas pero no han hecho nada. Es básico que funcionen correctamente porque son los pilares del intento de modernización judicial pero para eso hay que invertir más dinero», afirma Valeiras.

enlace á noticia


Escrito de AXG-CUT solicitando a adaptación do programa Minerva ás modificacións lexislativas

7 de xaneiro de 2016


A entrada en vigor da reforma do Código Penal (Lei Orgánica 1/2015) o 1.7.2015 non supuxo a adecuación inmediata dos modelos no programa Minerva nesa data, pois os cambios non estiveron a disposición dos usuarios ata o 1.12.2015, cos indubidables prexuízos que tal situación causou, tendo os funcionarios que modificar resolucións e outros atrancos inda máis salientables para adaptalos á legalidade vixente.

Coa entrada en vigor da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX) os Secretarios Xudiciais pasan a denominarse Letrados da Administración de Xustiza; coa entrada en vigor da nova Lei de Axuizamento Criminal os imputados pasan a chamarse investigados, por poñer só un par de exemplos.
Consonte ao disposto no artigo 560.3, parágrafo 2º da LOPX, “la implementación técnica de todas estas medidas en los programas y aplicaciones informáticas corresponderá al Ministerio de Justicia y demás administraciones con competencias sobre los medios materiales al servicio de la Administración de Justicia”.

O artigo 37 da mesma LOPX abunda, e no seu parágrafo 1 di: “Corresponde al Ministerio de Justicia o al órgano competente de la comunidad autónoma con competencias en materia de justicia proveer a los juzgados y tribunales de los medios precisos para el desarrollo de su función con independencia y eficacia”.

Tamén o artigo 230 da LOPX no seu parágrafo 1 determina: “Los Juzgados y Tribunales y las Fiscalías están obligados a utilizar cualesquiera medios técnicos, electrónicos, informáticos y telemáticos, puestos a su disposición para el desarrollo de su actividad y ejercicio de sus funciones […]”, mentres o seu parágrafo 2, fai a seguinte matización: “Los documentos emitidos por los medios anteriores, cualquiera que sea su soporte, gozarán de la validez y eficacia de un documento original siempre que quede garantizada su autenticidad, integridad y el cumplimiento de los requisitos exigidos por las leyes procesales”, o que non se produce na actualidade coa aplicación informática Minerva.

Por se fose pouco, a Lei 18/2011, de 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza, no seu artigo 1 define o obxecto desta lei, en concreto “2. En la Administración de Justicia se utilizarán las tecnologías de la información de acuerdo con lo dispuesto en la presente Ley, asegurando el acceso, la autenticidad”, obrigando o 8, “Los sistemas informáticos puestos al servicio de la Administración de Justicia serán de uso obligatorio en el desarrollo de la actividad de los órganos y oficinas judiciales”, ao que de ningunha maneira nos opoñemos os usuarios destes sistemas informáticos, senón que esiximos o cumprimento do establecido no artigo 25, en especial o seu apartado 2. c), “2. La aplicación de medios electrónicos a la gestión de los procedimientos, procesos y servicios irá siempre precedida de la realización por el Comité técnico estatal de la Administración judicial electrónica de un análisis de rediseño funcional y simplificación del procedimiento, proceso o servicio, en el que se considerarán especialmente los siguientes aspectos: […] c) La racionalización de la distribución de las cargas de trabajo”, é dicir, sen que teñan que solucionar os malos funcionamentos os seus usuarios (os funcionarios), reiterando a nosa disposición a colaborar coa Administración, pero coa obtención de correspondencia por parte desta, en atención á lei que vimos referindo, tamén nos seus artigos 37, 46, 47, 48 e seguintes, en especial no 52, no que se fala dunha actualización permanentepara la actualización del esquema judicial de interoperabilidad y seguridad”, competencia do Comité técnico estatal, quen, segundo o artigo 44, “El Comité técnico estatal de la Administración judicial electrónica estará integrado por una representación del Ministerio de Justicia y de cada una de las Comunidades Autónomas con competencias en la materia…”; daquela, enténdese mal isto de falar dunha administración xudicial electrónica cando os medios para utilizala son deficientes e non están adaptados á legalidade vixente. De novo…

Finalmente, e tendo en conta o disposto no Regulamento dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, que nos é de aplicación, así como o disposto no artigo 497 da LOPX polo que fai ás nosas obrigas como funcionarios da Administración de Xustiza, e en especial o referente ao apartado f) do artigo 478 do mesmo Corpo Legal, que establece como función para os corpos de Auxilio Xudicial: “Comprobar que los medios técnicos necesarios para el proceso judicial se encuentren en condiciones de utilización, requiriendo, en su caso, la presencia de los servicios técnicos que correspondan, para permitir el adecuado funcionamiento de dichos dispositivos, poniendo en conocimiento del secretario judicial las anomalías detectadas que pudieran impedir la celebración de actos procesales”, é, a maior abundamento, o artigo 8 j) do Real Decreto 796/2005, de 1 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que cualifica como falta grave: “La utilización inadecuada de los medios informáticos y materiales empleados en el ejercicio de sus funciones”, e tendo en conta que existe unha prohibición expresa para que os funcionarios poidamos facer versións dos modelos inseridos no programa Minerva, que deben ser utilizados tal e como figuran no mesmo…

En aras do cumprimento da legalidade en vigor, para evitar a interposición de recursos polos afectados (o público en xeral) aos que teríamos que informar se o preguntasen (salvagardando por suposto a nosa obriga de gardar secreto das actuacións que coñezamos no exercicio da nosa función, para non incorrer en causa de aplicación do réxime disciplinario), en evitación dunha nova demora de CINCO MESES para a actualización do programa Minerva, e dado que os funcionarios estamos a recibir presións por parte dos superiores xerárquicos, tentando estes que suplamos as carencias da Administración por aplicación deficiente do disposto na LOPX e demais leis citadas, é polo que FORMULAMOS ESTA QUEIXA ante a Dirección Xeral de Xustiza en Galicia para que tome as medidas precisas para solucionar INMEDIATAMENTE estes atrancos para o traballo diario de quen de maneira directa ten que arrostrar o que supón as deficiencias dos programas informáticos, e que o faga por si ou con traslado ao Ministerio de Xustiza, no caso de non ser competente para o facer.


Galicia, 4 de xaneiro de 2016


Asdo. Pablo Valeiras Rios
Voceiro de Alternativas na Xustiza-CUT


SR. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar
Santiago de Compostela.

Próxima activación de novas funcionalidades de Lexnet

13 de xuño de 2014

Participantes da xuntanza do CTEAJE celebrada na Cidade da Cultura
A reunión permanente del Comité técnico estatal da Administración Xudicial Electrónica (CTEAJE), que se celebrou esta mañá (12/06/2014) na Cidade da Cultura, presidida polo Secretario Xeral de Xustiza, Joaquín Silguero, e na que participaron a directora da AMTEGA, Mar Pereira e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, en representación de Galicia e os responsables dos departamentos de xustiza e informática de Aragón, Navarra, Canarias, Cataluña, País Vasco e Valencia, abordou temas como a nova funcionalidade do sistema Lexnet que permitirá a presentación de demandas de xeito electrónico ou a incorporación de documentación a un procedemento en marcha por parte de avogados, procuradores e outros axentes xurídicos de Galicia, que nas vindeiras semanas botará a andar nas provincias de A Coruña e Pontevedra, para chegar máis adiante ao resto da nosa Comunidade.

Galicia é unha das primeiras comunidades en activar este novo servizo do sistema Lexnet, dentro das actuacións definidas no Plan Senda para a integración das TIC na Xustiza, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O sistema de comunicacións Lexnet permitía ata agora a Administración de Xustiza remitir notificacións electrónicas aos axentes xudiciais. Coa activación desta nova funcionalidade os profesionais do eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero trámite nos xulgados, é dicir, incorporar documentación a un procedemento en marcha.

Esta medida contribúe a eliminación de papel nos trámites administrativos, á redución de tempos de procedemento, facilita a integración directa cos sistemas de xestión procesual e mellora da calidade da información. Todo isto nun contexto dixital con todas as garantías xurídicas.


Publicado o 12/06/2014 en www.codigocero.com



Una avería causa un caos informático en los 62 juzgados de Zaragoza

26 de marzo de 2014

El Ministerio de Justicia ordenó instalar dos servidores insuficientes para las necesidades de Ranillas. Las oficinas utilizaron ordenadores portátiles para poder atender las diligencias de mayor urgencia.


La incapacidad de los ordenadores recomendados por el Ministerio de Justicia para instalar la última actualización del programa Minerva, la aplicación para gestionar las diligencias de los juzgados, provocó ayer un caos informático que dejó la Ciudad de la Justicia sin ordenadores operativos hasta pasadas las 13.30 horas.

La avería se registró a primera hora de la mañana, en torno a las nueve, en cuanto los dos nuevos servidores, instalados el pasado fin de semana, alcanzaron la cifra de 700 usuarios, capacidad que los desborda. Entre los 62 juzgados unipersonales --Primera Instancia, Instrucción, Mercantil, Social, Contencioso Administrativo y Penal-- y los servicios del complejo judicial --unidad de apoyo administrativo, Decanato, etcétera-- rondan el millar de operadores. La universidad sufrió el lunes un problema similar tras una avería eléctrica.

La migración del programa Minerva básico a la versión NOJ (Nueva Oficina Judicial), que permite compatibilizar el trabajo de gestión con la grabación de las vistas mediante la aplicación llamada Fidelius, fue efectuada el pasado fin de semana por técnicos del Ministerio de Justicia. Estos, con el apoyo de los de la DGA, instalaron los dos nuevos servidores, adquiridos por el Gobierno de Aragón según las instrucciones que le transmitió el departamento que dirige Alberto Ruiz Gallardón.

Técnicos del departamento ministerial viajaron a última hora de la tarde hacia Zaragoza con dos nuevos aparatos para, durante la noche, sustituir los instalados el fin de semana para que los juzgados puedan retomar hoy su actividad con normalidad.

La avería no llegó a afectar al Tribunal Superior de Justicia de Aragón (TSJA) ni a la Audiencia Provincial, cuyos ordenadores sí registraron el lunes problemas para la grabación de diligencias.

Pese a los problemas informáticos, no hubo suspensiones de juicios señalados para ayer y el juzgado de guardia --ejercía esas funciones el número 2 de Instrucción-- pudo desarrollar su tarea. En este segundo caso, gracias al suministro de ordenadores portátiles desde la DGA y el Decanato con los que los funcionarios podían elaborar las diligencias en formato word.

"Solo hemos podido trabajar a ratos. De vez en cuando, a lo largo de la mañana, el programa se activaba un rato, pero no en todas las ocasiones permitía grabar las diligencias", explicaron fuentes del personal judicial.

Zaragoza es la última sede judicial de Aragón en la que la Administración ha instalado el Minerva-NOJ, que ya está operativo en el resto de la comunidad. Un alto cargo del Ministerio de Justicia informó el pasado viernes a la Sala de Gobierno del TSJA de las previsiones para que a partir del pasado lunes estuviera en funcionamiento.


Publicado o 26/03/2014 en www.elperiodicodearagon.com

Ligazón permanente


Unha mostra máis de que para poñer en funcionamento a Nova oficina xudicial ou otros servizos primeiro hai que dotar aos xulgados e tribunais das ferramentas informáticas (expediente electrónico, lexnet ...) e, cando se comprobe o seu correcto funcionamento, aplicar os cambios procesuais e lexislativos. En fin, que non se pode poñer o carro diante dos bois.