Se actualizan con efectos do 1 de xaneiro a contía das retribucións para o ano 2020

14 de febreiro de 2020

"Publicado no DOG"



A disposición adicional oitava da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, establece que as condicións retributivas do persoal ao servizo do sector público serán obxecto de adecuación ao previsto no II Acordo Goberno Sindicatos para a mellora do emprego público e as condicións de traballo, do 9 de marzo (BOE do 26 de marzo de 2018), no momento en que se habilite pola normativa da Administración xeral do Estado.


O Real decreto lei 2/2020, do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 22 de xaneiro) establece que para o ano 2020, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2019, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Ligazón ao DOG