Abandono e desinterese; o estado dos xulgados galegos ante a falta de investimentos da Xunta

3 de marzo de 2020


"publicado en prensa"

Abandono e desinterese; o estado dos xulgados galegos ante a falta de investimentos da Xunta.


Sindicatos e funcionarios xudiciais seguen denunciando o "lamentable" estado das instalacións xudiciais en diversos puntos de Galicia. Humidades, arquivos corrompéndose, tirados nos corredores... son parte das denuncias de membros do colectivo de funcionarios e funcionarias da Xunta tal e como se pode ver nesta reportaxe fotográfica. Desde o Goberno galego din que xa están actuando.





No arquivo de Ortigueira, que está nun segundo andar, o chan é de cemento e as paredes cos ladrillos ao aire" din desde Alternativas da Xustiza, sindicato de funcionarios de xustiza en Galicia. "Tamén hai documentos xudiciais dos anos 30 e 40 que non foron trasladados aos xulgados de Ferrol, que era onde tiñan que estar".


Ligazón á noticia.- galiciaconfidencial