Instrucións:
1.- Acceder á OPAX, entrar no apartado "Alta Licenza" e escoller en "Tipo de licenza" a opción de "Licenza por enfermidade" ou de "Risco durante o embarazo e a lactación", segundo sexa o caso.
2.- Cubrir os datos do formulario da solicitude e premer no botón "Gardar".
3.- Unha vez gardada, na páxina de xestión de solicitudes débese seleccionar a solicitude e premer no botón "Adxuntar doc".
4.- Unha vez feito isto, na ventá emerxente que permite subir documentación hai que realizar as seguintes accións:
a) Premer o botón “Examinar” para localizar no seu equipo o documento que se quere anexar.
b) Premer o botón “Adxuntar” para subir o documento.
c) Premer o botón “Presentar” para enviar o arquivo á delegación.