A DXX acaba de remitir as instrucións con data 19 de xuño de 2020 e 20 de xuño de 2020 na que se regulan as quendas de tarde e o persoal especialmente sensible
Instrución 20.6.2020:
Entrará en vigor o 22.6.2020 Tal e como se acordaba na resolución do 8.6.2020, a habilitación de medidas de seguridade, xunto coa modalidade de teletraballo, poderían facer variar os órganos e servizos incluidos en cada anexo provincial da resolución de 8.6.2020 para quendas de tarde:
Permiso deber inescusable: o persoal acollido rematará este permiso o 22 de xuño. Unha vez reincorporados, e de presentarse un novo permiso, será valorado en concreto en cada caso, atendendo a circunstancias extraordinarias.
Persoal especialmente sensible: Dánse por finalizados os permisos anteriormente concedidos. No caso de que o informe emitido polo SPRL recomende baixa médica, a persoa afectada deberá dirixirse ao seu servizo médico de atención primaria aos correspondentes efectos, xustificándoo ante o respectivo servizo de persoal._
Teletraballo: Os dous casos anteriores terán preferencia.