Eleccións 12 XULLO: dereitos do persoal ao servizo da CCAA galega

22 de xuño de 2020

"publicado no DOG"

ORDE do 8 de xuño de 2020 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 12 de xullo de 2020 polo Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia para o 12 de xullo de 2020 mediante o Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia (DOG núm. 96, do 19 de maio), é preciso adoptar as medidas oportunas para facilitar o exercicio dos dereitos e deberes do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

ligazón ao DOG