Acordo discriminatorio e en diferido da carreira (agora traxectoria) profesional

7 de xullo de 2020


Valoración de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT do acordo sobre a traxectoria profesional publicado hoxe no DOG:

1. O citado acordo está cheo de "cláusulas" que limitan de forma expresa a posibilidade de que sexa unha realidade segura cara ao futuro, e de que cheguemos a cobralo.
2. A coletilla "segundo as dispoñibilidades orzamentarias" xa o deixa absolutamente claro: este ano figura unha partida nos orzamentos para este fin, pero qué acontecerá nos seguintes anos?
3.As cantidades a percibir nos distintos graos (0  a 4) NON CONSOLIDAN e deixaremos de percibilos cando nos xubilemos.
4. @s traballador@s que ronden os 50 anos nunca acadarán o 100% do acordo.
5. @s traballador@s INTERINOS QUEDAN EXPULSADO da carreira profesional dende o minuto 1.
6. @s XPA e os médicos forenses son discriminados con respecto aos corpos de TPA E AX pois os seus prazos para acadar a consolidación do grao require máis anos.
7. Na "claúsula de salvagarda" non imos só @s traballador@s da administración de xustiza, senón que entramos no lote dos 90.000 funcionari@s da administración autonómica.
8. En ningunha parte do acordo se recolle que ningún curso, nin os de liguaxe xurídica, non caduquen aos 5 anos.
9. Unha carreira profesional CONDICIONADA A PASAR UNHA AVALIACIÓN FAVORABLE (que supón "implicación coa organización", "implicación na NOX, etc) pero se especificar  quén o cómo se vai facer esa avaliación.

E como último punto que aclara calquera dúbida que algún/ha traballador@, o pasado 29 de maio o Presidente da Xunta fixoas seguintes declaracións a GALICIAPRESS:


  • "Recortar sueldos a trabajadores públicos en 2021 PUEDE SER NECESARIO, indica Feijóo"
  • "El presidente prefiere no tener ataduras por si gana las elecciones y la crisis obliga a volver a la época de recortes salariales a l@s funcionari@s y otros empleados públicos"
  • "El presidente de la Xunta, ALBERTO NÚÑEZ FEIJOÓ, ha señalado que "nadie puede acreditar" si en próximos ejercicios "se van a tocar" las retribuciones que perciben los empleados públicos, algo que descarta para este año y que, de cara al futuro, corresponderá al Gobierno que salga de las urnas en el mes de julio"





Ligazón ao DOG - CARREIRA / TRAXECTORIA PROFESIONAL