Traxectoria profesional. Nova convocatoria
5 de abril de 2024
Traxectoria profesional. Grao II Corpo de xestión procesual e administrativa e médicos forenses
31 de xaneiro de 2023
Instrucións para solicitar o próximo luns (21 de novembro) a Traxectoria Profesional.
18 de novembro de 2022
"publicado no DOG"
A Dirección Xeral de Xustiza ven de publicar no DOG do día de hoxe; RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da DXX, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
PROCEDEMENTO:
Etiquetas: Auxilio xudicial , Medicos Forenses , tramitadores , traxectoria profesional , Xestores/asPublicado acordo Traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza.
"publicado no DOG"
Etiquetas: DOG , traxectoria profesional
Borrador para a negociación da Traxectoria Profesional
Fin a unha discriminación flagrante! Traxectoria para tod@s
29 de outubro de 2021
Logo de máis de 2 anos de discriminación e tras a sinatura dun acordo ás costas dos traballadores que estivemos 3 meses en folga o TSXG deixa en evidencia aos Sindicatos SPJ-USO, UGT e CCOO.
O TSXG ven de ditar a primeira das sentenzas pola que se recoñece, como defendía AXG-CUT na súa demanda, o dereito dos funcionarios interinos a cobrar a traxectoria profesional extraordinaria igual que os funcionarios titulares.
Agora confiamos en que o TSXG tamén confirme a demanda presentada por AXG-CUT que permita que os Xestores e Médicos Forenses cobren nos mesmos prazos que os tramitadores e auxilios.
Etiquetas: #FolgaXustiza , #vendidos , traxectoria profesional , TSXG
TRAXECTORIA PROFESIONAL GRAO I; relación de solicitudes estimadas e desestimadas
2 de decembro de 2020
Rosa Lía cóntache as verdades da carreira profesional
8 de outubro de 2020
Rosa Lía fai unha análise da carreira profesioal na administración de xustiza de Galiza. Entérate ben!
Etiquetas: #vendidos , carreira profesional , DXX , traxectoria profesional , video
TRAXECTORIA PROFESIONAL: GRAO I
5 de outubro de 2020
"publicado no DOG"
AXG-CUT presenta DEMANDA CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA contra o acordo da traxectoria profesional
1 de agosto de 2020
O contido do acordo, rexeitado na súa totalidade por parte de AXG-CUT, cuxas eivas son moitas, por non dicir o texto integral do acordo.
- Adía mes tras mes a percepción das cantidades correspondentes a cada un dos corpos.
- Discrimina entre os corpos, pois médicos forenses e xestores procesuais, tardan en consolidar o seu grao dous anos máis que tramitadores procesuais e auxilios xudiciais.
- Un orzamento de 860.000 € adicado a este fin; pero sen desglosar de forma explícita as cantidades a percibir.
- Absoluta inseguridade en anos vindeiros de percibir o complemento supeditado "ás dispoñibilidades orzamentarias".
- A catro meses de rematar 2020, tendo efecto retroactivo desde 1.1.2020 aínda non hai data para cobrar.
- Exclusión d@s funcionari@s interin@s da carreira profesional.
Etiquetas: acordo , demanda , negociación , traxectoria profesional , TSXG
Acordo discriminatorio e en diferido da carreira (agora traxectoria) profesional
7 de xullo de 2020
Valoración de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT do acordo sobre a traxectoria profesional publicado hoxe no DOG:
1. O citado acordo está cheo de "cláusulas" que limitan de forma expresa a posibilidade de que sexa unha realidade segura cara ao futuro, e de que cheguemos a cobralo.
2. A coletilla "segundo as dispoñibilidades orzamentarias" xa o deixa absolutamente claro: este ano figura unha partida nos orzamentos para este fin, pero qué acontecerá nos seguintes anos?
3.As cantidades a percibir nos distintos graos (0 a 4) NON CONSOLIDAN e deixaremos de percibilos cando nos xubilemos.
4. @s traballador@s que ronden os 50 anos nunca acadarán o 100% do acordo.
5. @s traballador@s INTERINOS QUEDAN EXPULSADO da carreira profesional dende o minuto 1.
6. @s XPA e os médicos forenses son discriminados con respecto aos corpos de TPA E AX pois os seus prazos para acadar a consolidación do grao require máis anos.
7. Na "claúsula de salvagarda" non imos só @s traballador@s da administración de xustiza, senón que entramos no lote dos 90.000 funcionari@s da administración autonómica.
8. En ningunha parte do acordo se recolle que ningún curso, nin os de liguaxe xurídica, non caduquen aos 5 anos.
9. Unha carreira profesional CONDICIONADA A PASAR UNHA AVALIACIÓN FAVORABLE (que supón "implicación coa organización", "implicación na NOX, etc) pero se especificar quén o cómo se vai facer esa avaliación.
Etiquetas: acordo , asinantes , carreira , DOG , traxectoria profesional





