Remítese, a vista das alegacións presentadas e logo dos trámites oportunos, a modificación do Proxecto de acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza sobre a modificación das retribucións do posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV–D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.
Modificación das retribucións dos XPA en función de Secretari@s dos xulgados de paz
3 de xullo de 2020
"Remitido pola DXX"
Remítese, a vista das alegacións presentadas e logo dos trámites oportunos, a modificación do Proxecto de acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza sobre a modificación das retribucións do posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV–D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.
Etiquetas:
punto IV
,
Secretarios
,
XPA
,
Xulgados de paz
Remítese, a vista das alegacións presentadas e logo dos trámites oportunos, a modificación do Proxecto de acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza sobre a modificación das retribucións do posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV–D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.
ACORDO:
1. Modificar as retribucións asignadas ao posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de
paz (IV–D) para os efectos de retribuír, nun punto adicional (28,62 € mensuais), o desempeño das
funcións de secretaría nos Xulgados de Paz por parte do persoal que ocupe o devandito o posto.
2. Este punto adicional percibirase en 12 mensualidades e seranlle de aplicación as actualizacións
previstas nas leis de orzamentos xerais do Estado para as retribucións complementarias do
persoal ao servizo da Administración de xustiza.
3. A percepción deste punto adicional manterase mentres non se produzan os procesos de
integración dos funcionarios nas relacións de postos de traballo aprobadas conforme o disposto
na Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de
xullo, do poder xudicial.
4. A presente modificación afectara a aquel persoal que, nos 5 anos anteriores a data e entrada
en vigor deste acordo, ocupase o posto de Xestor/a procesual secretarios/as Xulgados de Paz (IV–
D) nun Xulgado de Paz da Comunidade Autónoma de Galicia e desempeñase as funcións de
secretaría.
Para o pagamento dos atrasos terase en conta o valor do punto establecido para cada anualidade
e será proporcional ao tempo de servizos efectivamente prestados no posto.
5. O exposto neste acordo non lle será de aplicación ao persoal que percibise a liquidación
correspondente en virtude de execución de resolución xudicial firme ou por calquera outra causa.
6. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor o día seguinte ao da súa
publicación.
Imprimir / Compartir