Modificación das RPTs das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

13 de xullo de 2020

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia. 
Mediante a Resolución do 26 de marzo de 2015 publicouse a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa estrutura e organización foi determinada polo Decreto 124/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 186, do 30 de setembro) e que foi aprobada con carácter definitivo polo Ministerio de Xustiza por Orde JUS/660/2015, do 25 de marzo (BOE núm. 92, do 17 de abril). Posteriormente, por Resolución do 12 de novembro de 2015, modifícase a dita relación de postos de traballo (DOG núm. 225, do 25 de novembro).

De acordo co artigo 523 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia para aprobar as súas modificacións. En todo caso, as modificacións das RPT iniciais que se produzan deberán contar co informe previo do Consello Xeral do Poder Xudicial e, para a súa efectividade, é preceptiva a comunicación previa ao Ministerio de Xustiza.

Ligazón ao DOG