Prolongacións de xornadas froito dos plans de actuación por mor da COVID 19

29 de setembro de 2020

ALTERNATIVAS NA XUSTIZA INFORMA:
REFORZOS/PROLONGACIÓNS DE XORNADA

Existen dous tipos de reforzos:
a) Reforzo externo: (ex: social BIS)
b) Autoreforzo: con persoal do propio xulgado.

No caso do autoreforzo pola COVID-19 concédense 3 prolongacións de xornada mensuais (de calquera corpo) durante 3 meses aos xulgados do social (excepto Santiago e Pontevedra) e a os mercantís de A CORUÑA e VIGO tanto en réxime presencial como en teletraballo.

👉 As prolongacións son de 40 horas semanais en cómputo mensual.

👉 CONTÍAS:
  • XESTIÓN: 330 €
  • TRAMITACIÓN: 270 €
  • AUXILIO: 240 €
👉 Tes que ter en conta que a ausencia no posto de traballo inflúe na prolongación:
- Ausencia ata 5 días: debes recuperar as horas da prolongación
- Entre 5 e 10 días de ausencia: cobrarase a parte proporcional que se faga.
- Máis de 10 días de ausencia: non hai dereito a cobrar a prolongación.

👉 Horas a facer en Horarios especiais:
- Semana Grande: 5h30 min semanais
- Horario de verán: 7h30 min semanais