Borrador da DXX para ampliación do prazo para o goce de vacacións e días de asuntos

9 de decembro de 2020


Vimos de recibir por parte da DXX borrador de resolución referente o goce de vacacións e dias de asuntos propios, para que fagamos alegacions o mesmo.
....1. Como norma xeral, as vacacións e días de permiso por asuntos particulares do ano 2020, desfrutaranse ata o 31 de xaneiro de 2021.

 2. Como excepción, poderá autorizarse o desfrute das vacacións correspondentes ao ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021: 
a) Para aqueles funcionarios destinados en unidades onde, de non se producir esta autorización, e dada a súa natureza e funcións, así como a imposibilidade de arbitrar mecanismos de substitución, se produza un risco certo ou incluso o colapso da prestación ordinaria de servizos públicos durante o tempo que resta ata finalizar xaneiro de 2021, circunstancias que se entenderá que concorren se se dá a validación correspondente do letrado/a, fiscal xefe ou subdirector/a do Imelga no trámite da correspondente solicitude.
 b) Naqueles casos específicos de peticións de gozo durante 2020 que foran denegadas expresamente, cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades do servizo. 

3. Ademais, e con carácter excepcional, ata o 31 de marzo de 2021 poderán gozar dos días de permiso por asuntos particulares que, a maiores dos 6 previstos para as administracións xerais, non se gozasen ata o 31 de xaneiro de 2021.